top of page

AUGAS

Bañado polo Atlántico, Muros leva as augas da súa ría ata o criadeiro do abalón.  O crecemento e mantemento destes animais en terra ten como característica que precisan un alto número de litros de auga para encher as piscinas nas que se atopan e así conseguir que medren de maneira estable. Para que a auga sexa máis duradeira o que precisan é levar a cabo un procedemento de recirculación da auga. Con esta recirculación o que conseguen é reutilizar a auga, que pasa por diferentes percorridos e procesos de filtrado, onde a enchen de minerais imitando o hábitat do propio marisco.

 

O abalón habita nos fondos rochosos de augas someras, distribuíndose ao longo dos dous hemisferios por todos os mares dende o Ártico ata o Antártico, sendo máis abundante en augas tropicais e mornas. As especies máis grandes atópanse nas rexións temperadas, mentres que as máis pequenas nas rexións tropicais.

bottom of page