HISTORIA
A historia da vila de Muros comeza xa fai moito tempo, no século X, repoboando o lugar por orde do rey D. Sancho IV. É o primeiro documento xerado por esta decisión do rei e polo tanto, proba a súa existencia no ano 1286. Xa na prehistoria estaba habitado o municipio debido ás evidencias que hai en todo Muros, con castros, restos de calzadas romanas e arte rupestre.
No 1520 a vila foi dividida por unha muralla que deixaba dous barrios delimitados: o da Cerca e o da Xesta. Amurallamento defensivo da vila co fin de protexer aos habitantes de Muros dos ataques de piratas invasores que tardou en desaparecer ata ser derrubado fai uns anos.
Acolle na súa historia un acontecemento de gran importancia, cando no ano 1544 a Armada Española derrotou a escuadra francesa na

na batalla de Muros. Séculos despois, no 1809,os seus habitantes verían a vila destruída polas tropas napoleónicas durante a Guerra da Independencia.
O seu porto, berce de mariñeiros ilustres, é xa dende o sécul XV considerado coma un dos mellores de Galicia. Muros non se pode entender sen o mar, fonte de ingresos que cobra aínda máis importancia dende o século XIX, cando empresarios cataláns chegan á vila para inaugurar unha serie de fábricas de salazón que marcarán a vida laboral de Muros.