top of page

QUE É O ABALÓN?

O abalón é un molusco gasterópodo, polo que presenta unha área cefálica, un pé musculoso ventral e unha cuncha dorsal, como as lapas, os caracois, as caraóoleas etc. O tamén chamado orella de mar, orella de Venus, cribias ou lapa burra entre outros nomes, pertence á familia dos Haliótidos, que ten un único xénero, Haliotis, que comprende a máis dun centenar de especies que habitan nas rochas de zonas moi batidas polo mar.

Existen máis de 60 especies diferentes de orellas de mar, sendo cinco ás máis comúns polo seu tamaño e valor comercial. En Galicia cultívase o Haliotis Discus Hannai, tamén coñecido como o abalón japónico ou verdoso, que é moi demandado nos mercados asiáticos

Teñen un crecemento moi lento, que ronda aos catro anos, xusto o tempo que leva activa a planta Galician Marine Aquaculture, situada na Ría de Muros e que se adica á crianza deste peculiar molusco, tratando sempre que este medre, aínda que sexa en catividade, cunhas condicións o máis similares posibles ás que terían natureza.

SABES CALES SON AS PARTES DO ABALÓN?

O abalón é un molusco apaixoante e máis complexo do que poida parecer a simple vista. Atréveste a descubrir as partes que o compoñen nesta imaxe? 

bottom of page