O MERCADO ASIÁTICO
O abalón verdoso é o máis solicitado pola meirande parte dos compradores asiáticos e críase en Galicia. Unha vez rematado o proceso de crianza, tras catro anos, introdúcense nunha serie de caixas para que se conserven en frigoríficos xigantescos ata que os distribuidores as recollan. Entón serán montadas en camións e/ou barcos que as transportaran nas condicións adecuadas ata o seu destino.
Como xa comentamos anteriormente, este produto destínase principalmente a restaurantes de luxo. Pode pasar un largo período de tempo ata que o produto chega por fin ao seu destino cando falamos de exportacións aos países con máis demanda como China, Xapón e Corea. Nestes casos os envíos realízanse mediante a liofilización, é dicir, secados por conxelación. Transpórtanse por iso mediante grandes barcos, dentro de contedores coas condicións de temperatura apropiadas, coidando sempre que a conxelación non dane o produto. Trátase dun proceso
proceso moi delicado , dado que estamos a falar dun marisco escaso e moi prezado polos chefs que esperan a súa chegada.
O proceso de crianza do abalón é moi lento, en comparación co doutros produtos que consumimos na nosa dieta diaria. Isto reflíctese en que neste momento aínda se están realizando os primeiros envíos dende a pranta Galega, Galician Marine Aquaculture, que polo momento aínda non ten capacidade para exportar cara os mercados asiáticos, pese a que é a eles aos que pretende enfocarse a longo prazo.