top of page
O MERCADO AMERICANO
Observamos que o abalón encaixa moi ben nalgunhas zonas dos Estados Unidos e recentemente, tamén en México. Porén, nestes lugares citados, consúmese o abalón vermello, unha clase que, polo menos de momento, non se cría en Galicia.
O provedor maioritario deste tipo de abalón é unha planta de crianza situada en Chile. Ten lóxica pensar que, dado os poucos quilómetros que separan estes países, aos criadeiros Europeos non lles compense competir na venda do abalón vermello nestes puntos, pois os gastos de transporte xogarían na súa contra.
bottom of page