O MERCADO ESPAÑOL
Na xeografía española podemos atopar este produto en cociñas de gran renome como no restaurante Eirado da Leña en (Pontevedra), no Cr Can Roca de Xerona ou no Restaurante Arce de Madrid. Pese a todo isto parece que polo momento é só un produto para a alta cociña.
José Ángel León e outros chef uníronse ao abalón para presentar propostas de nova cociña empregándo este molusco como ingrediente principal en Madrid Fusión. As súas cociñas son xa un lugar ao que o abalón chegou hai non moito para quedarse durante moito tempo.
O proceso de crianza do abalón é moi lento, en comparación co doutros produtos que consumimos na nosa dieta diaria.
nosa dieta diaria. Isto reflíctese en que neste momento aínda se están realizando os primeiros envíos dende a pranta Galega, Galician Marine Aquaculture, que polo momento aínda non ten capacidade para exportar cara os mercados asiáticos, pese a que é a eles aos que pretende enfocarse a longo prazo.