MUROS
Atopámonos na provincia de A Coruña, somos catro estudantes de xornalismo descubrindo un manxar. Acercámonos á Ría de Muros e antes de entrar ao pobo costeiro pasamos por Tal de Abaixo, onde tivemos que parar de maneira obrigada porque dende ese momento tería un gran significado para nós. Comezamos a descubrir alí mesmo ao molusco máis valorado polos asiáticos e, ao mesmo tempo, ignorado polos galegos.

Atopámonos, como xa dixemos, en Tal de Abaixo, así está indicado nun cartel que pon Abalón by GMA. Entramos nunha empresa con vistas privilexiadas, situada a un lado da ría de forma estratéxica como nos explicará Natalia no proceso de filtrado da auga, primeiro paso para producir o molusco de ouro. Xa coñecemos algo del. A auga terá un gran valor no seu proceso, xa que son moi delicados.
Nos vídeos da páxina teredes as explicacións que nos da a muradana Bibiana (Bibi para os amigos), proceso interesante e coidado que fai valorar a paciencia dos traballadores cando, despois de catro anos de actividade, comezan aínda agora a ver os primeiros resultados, as primeiras exportacións cara Asia e os restaurantes de luxo que ven imposible prescindir deste manxar nas súas cartas.